martes, 6 de noviembre de 2012

Asesorando a Emprendedores

Estar ben asesorados é imprescindible.

Dende Xedega  e a través da coordinación da  Rede Eusumo, leva algo máis de 14 meses, realizando unha serie de actividades encamiñadas a impulsar a Economia Social en calquera dos seus ámbitos. Particularmente, un dos principais esforzos o está a acometer no asesoramento e acompañamento a diferentes grupos promotores que queren  estudiar a viabilidade dos seus proxectos empresariais.

Este asesoramento o estamos a levar a cabo pola presenza de  técnicos cunha ampla experiencia neste campo, que desenvolven o proxecto de viabilidade conxuntamente co grupo promotor elevando a conciencia deste na formación da xestión societaria, estudiando tanto a viabilidade económica-financeira como a viabilidade social en cada un dos diferentes proxectos.  

Se traballa cos integrantes dos Grupo Promotores, todos aqueles aspectos que van afectar o seu proxecto,  como pode ser  o novo entorno económico, as diferentes fontes de financiación, tendencias do novo mercado, a planificación comercial, a organización, a estructura e composición económica  e un longo etc, coa finalidade de xenerar un documento que contemple todos os compoñentes do proxecto antes de inicialo e poder así tomar unha decisión final  analizando a viabilidade do mesmo.

Xa son varios os grupos que se acolleron a este asesoramento gratuito  e tamén xa son varios os que despois de analizar o Plan de Empresa do seu proxecto,  se decidiron a constituir a Cooperativa e iniciar a súa andaina empresarial.